g@lici@suroeste
|
|
No 2007 o Día das Letras Galegas estará dedicado a María Mariño
De condición humilde, as necesidades económicas non sempre lle permitiron acudir á escola, póndose a traballar vomo costureira polas casas para axudar á economía familiar. Coa Guerra Civil, e polas dificultades económicas, a súa familia trasládase a Boiro, e nesta vila entra en contacto co ambiente literario ao ter a oportunidade de coñecer a biblioteca do Pazo de Goiáns onde unha tía súa traballaba de cociñeira En 1939 casa co mestre Roberto Pose Carballido, que é destinado ao País Vasco, onde nace o seu único fillo que morre ao mes e medio de nacer. Volta o matrimonio a Galicia, onde Roberto é destinado a Romeor do Courel e posteriormente, por consello médico dada a depresión na que se sume a muller trala morte de seu fillo e o pasamento da súa nai, van vivir a Parada do Caurel, onde María Mariño, pasará o resto da súa vida, con algunha viaxe a Noia e Monforte e as vacacións nos últimos anos na cidade da Coruña. En Parada, en 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, que se convirtirá nun forte estímulo literario para María Mariño a través do que superaría o isolamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Sixto Seco e Augusto Assía, entre outros intelectuais da época.
Comeza a escribir en
1957, elaborando dous poemarios, Palabras no tempo, prologoado por En 1990 dáse a coñecer este segundo poemario nunha edición de Carmen Blanco promovida por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos e publicada polo Concello de Noia. Concha Pino recorda na Voz de Galicia (8 de xullo de 2006), que “Se no primeiro poemario as terras do Caurel enchen os seus versos, no libro que non chegou a ver publicado volve ao mar das súas orixes”. E segue a recordar Concha Pino o que dixeron outros escritores da obra de María Mariño, así Otero Pedraio dixo da súa obra que tiña un sentido tráxico, Méndez Ferrín di que os versos teñen unha grande forza expresiva e intimista, e Carme Blanco, estudosa da súa obra, engade que se trata dunha poética radicalmente intimista e unha linguaxe rupturista. Poemarios inéditos Uxío Novoneyra, que como dixemos máis arriba, coñeceu á escritora noiesa, asegurou que María Mariño escribiu outros dous libros en castelán que non se coñecen: Los años pobres. Memorias de guerra e postguerra e Más allá del tiempo. En 1994 Edicións Xerais publica a Obra Completa de María Mariño Carou. Recoñecemento da RAG A Real Academia Galega, atendendo aos chamamentos realizados, acordou, o 7 de xullo de 2006, dedicar o 17 de maio de 2007 á poetisa noiesa María Mariño, sendo a terceira muller recoñecida pola mencionada institución galega. Ademais de Rosalía de Castro, que inaugurou esta celebración en 1963 co gallo do centenario da publicación de Follas Novas, tamén foi homenaxeada, en 1987, Francisca Herrera Garrido. Na decisión da RAG pesou, ademais das peticións realizadas, o desexo de descubrir a esta muller que “polas circunstancias sociais e persoais nas que viviu fan que a súa poesía sexa de difícil acceso para o gran público”. A poesía de María Mariño Carou inspírase na tradición popular, con infuencia rosaliana.
|