| |
Un libro da
Deputación recolle máis de 300 escolas da provincia promovidas pola
emigración no século XX, 12 na comarca de vigo
O Servizo Galego de Publicacións da Deputación foi a
encargada de editar o libro baseado no labor escolarizador que promoveron os
galegos dende América ó longo do S.XX. “Herdanza da emigración ultramarina.
Catálogo fotográfico da arquitectura escolar indiana na provincia de
Pontevedra”, de Xosé Manuel Malheiro foi presentado o pasado venres na
Escola Aurora del Porvenir, en Tomiño, polo presidente da Deputación, Rafael
Louzán.
A publicación dedica unha gran parte ó legado da filantropía
particular e outra á organización societaria e educación. Na comarca de Vigo
foron promovidos ata 12 centros; a Escola de Fernández Areal, en O Porriño,
Grupo Escolar Figueroa, en Redondela, Instituto Santa Irene, Grupo Escolar
de Castrelos, Grupo Escolar de Coia, Escolas Nieto e Escola de Artes
Aplicadas e Oficios Artísticos, estes cinco últimos en Vigo. Destaca tamén a
Escuela Americana en A Ramallosa; a Escola de Morgadáns, en Nigrán; a Escola
de Tameiga, en Mos; a Cooperativa Rural Escolar Aneja a la Nacional de
Niños, en O Porriño, e a Escola de Entenza, en Salceda de Caselas.
O libro recolle un estudo do movemento escolarizador
desenvolvido en Galicia polos que emigraron a América. Un profundo proceso
educativo tivo lugar ó longo do primeiro terzo do S.XX, que os levou a abrir
máis de 300 aulas co ánimo de elevar o nivel de vida. Unha maioría deste
colectivo emigrante aproveitou a prosperidade económica para promover o
ensino nas zonas de orixe. A emigración pontevedresa fundou entre 1904 e
1936 ata 484 sociedades mutualistas, de recreo e de instrución, o que amosa
a fecunda actividade despregada en Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil e outros
países americanos durante case tres décadas en prol da educación, cultura e
benestar dos compatriotas.
Xosé Manuel Malheiro
Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez deixa composto así un
catálogo fotográfico da arquitectura escolar indiana xunto con fichas
informativas, textos de época e referencias de investigación, polo que se
pode realizar unha viaxe polas escolas pontevedresas promovidas dende a
emigración. Malheiro, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola
Universidade de Santiago e profesor de Teoría e Historia da Educación, ten
centrado os seus estudos no campo da emigración galega a América e no
resultado da intervención escolar desenvolvida en Galicia. Froito da súa
actividade investigadora é “A Escola da Bandeira. Unha nova Escola en
Galicia”, “Fomento da Instrución Galega”, “Legado sociocultural da
emigración galega”, “Os lalinenses en América” e “Proxectos educativos e
organización escolar”. |
|

|
Henrique Alvarellos detense no último
tramo do Miño no seu libro “Galicia en cen prodixios”
“Galicia en cen prodixios”, de Henrique
Alvarellos, Edicións Xerais, recolle o máis salientable que este autor
considerou para levar a unha obra xa editada en 2004, pero que está nos
escaparates das librerías reclamando o interese do lector.
Recolle Henrique Albarellos
claves locais do suroeste galaico: o monte de Santa Trega destacando o seu
castro e a paisaxe que se deixa ver desde o cume do Monte ou desde os
miradores, como o de Areses, e menciona algunhas das pezas singulares
expostas no Museo, tales son as esvásticas, das que no Trega se atopou a
maior riqueza delas, non só pola cantidade, senón tamén pola diversidade de
motivos. E non se esquece o autor de visitar o río Miño coas súas illas que
xorden dos sedimentos que arrastra o río, convertidas en áreas de interese
ornitolóxico.
Nas mesmas páxinas atopamos
referencias aos fentos xigantes de Oia (Diksonia), que constitúen
unha xoia botánica, ao mesmo tempo que unha rareza, capaces de acadar varios
metros de altura, e ter forma arbustiva. Descubertos en setembro de 2002,
son os únicos coñecidos en Europa en estado silvestre.
Alvarellos detense en Tui,
no Museo Diocesano, para descubrinos os “sambenitos”, únicos en España, e
ilustrarnos qué son estas teas que se expoñen, en número de 14, no
mencionado Museo, que tamén mostra un casco celta, do século IV a. C.
atopado no río Miño, e que cando se descubriu se creu que se trataba dun
casco dos bombeiros de Valença.
As referencias citadas
complétanse con ilustracións das mesmas que son un importante complemento á
palabra escrita que ten en en “Galicia en cen prodixios”, libro que
conmemora os XXV anos de Edicións Xerais de Galicia, o soporte necesario
para chegar aos lectores. |
|
Santuario
de San Campio de Lonxe. Guía de Visita
Un dos últimos libros publicados, relacionados coa comarca do
Baixo Miño, é “Santuario de San Campio de Lonxe”, unha guía de
visita editada por Fama Vigo S.L. coa que se percorre desde a mesma igrexa,
baixo a advocación de San Campio, ata as modernas instalacións do
complexo dedicado aos pelegríns.
O libro, con 64 páxinas e preto de 150 fotografías, iníciase
cunha síntese da vida de San Campio e o culto que se lle rende na
parroquia de Figueiró (Tomiño), continuando pola descrición do escudo e
bandeira, sendo os textos máis longos do libro, aínda que non superan a
páxina de extensión, incluídas fotografías.
En xeral a parte escrita, ao tratarse dunha guía que facilita o
percorrido, resulta ameno pois se reduce ao pé de foto, de xeito que, o
visitante, sae informado perfectamente trala visita a San Campio de Lonxe.
Artistas que traballaron no santuario ou nas obras que xa forman
parte deste complexo relixioso, escultores, tallistas, campaneiros;
elementos singulares en San Campio, como os botafumeiros; dependencias
interiores e ao aire libre, inscricións e vistas, achegan os contidos ao
visitante deste lugar sagrado.
Remata o libro co horario de culto e os servicios que ofrece o
Santuario.
|
|
|
"Goyán.
Los carnavales en el paso del tiempo"
Coordinado por Ángel Iglesias Bacelos, con portada de
Belén Iglesias, e patrocinado pola Concellalía de Cultura do Concello de
Tomiño e "Cementos Cosmos, S.L.", nas 72 páxinas deste libro faise un
repaso pola historia do entroido de Goián na que, xunto o texto, é
fundamental a documentación gráfica que aporta, con fotografías que van
desde 1934 ata a celebración do 2001.
Ó lado das colaboracións literarias máis recentes, de Emilio
Alonso Freiría, Suso Vila-Botanes e o propio Anxo Iglesias Bacelos, hai
outras interesantes aportacións procedentes do arquivo de Antonio Martínez
Vicente recopiladas de distintos xornais locais (Voz del Tecla,
Heraldo Guardés e Presente) que nos ofrecen, en conxunto, unha
panorámica das festas da carne celebradas neste recuncho tomiñés. |
|

|
"El
Camino Portugués de la Costa"
“El Camino Portugués
de la Costa” é unha publicación da “Asociación Amigos dos Pazos”
que xurde do traballo de campo realizado, fundamentalmente, por Grato Amor
Moreno e Carlos del Río Bouzas, dous entusiastas deste Camiño de
Peregrinación coñecido tamén como “Camiño Monacal”.
Colaboran no libro,
patrocinado por Caixanova, Manuel Inácio Fernández da Rocha cun estudio
interesantísimo sobre “Viana do Castelo cidade Jacobeia” no que fala
desta importante cidade portuguesa e a súa vinculación coa devoción ó
apóstolo Santiago; Ernesto Iglesias Almeida nun documentado traballo
afonda no coñecemento de “El camino Portugués de la Costa: Testimonio
Documental”, no que xustifica a existencia deste itinerario cando menos
desde 1450.
Pola súa banda Grato
Amor e Carlos del Río van describindo, paso a paso, o Camiño desde a
Pasaxe ata Vigo, con profusión de referencias que guían ó peregrino
para seguir esta vía sen dificultade, incorporando explicacións sobre
elementos de interese que o Peregrino irá atopando segundo avanza cara a
Vigo.
Con fotografías a
toda cor e debuxos dos routeiros, “El Camino Portugués de la Costa”,
117 páxinas, supón non só un libro necesario, senón unha primeira
aportación para divulgar unha vía que está reivindicando o seu interese
como Camiño de Peregrinación que transcurre por unha ruta de gran beleza
paisaxística onde o camiñante se atopará a soas co mar e a montaña. |
 |
“Baixo Miño: Tui, A Guarda, Tomiño,
Oia, O Rosal”
A editorial Ir Indo, na colección “Galicia a
Fondo” de Guías que está a publicar, vén de tirar “Baixo Miño: Tui, A
Guarda, Tomiño, Oia, O Rosal”, escrita por un equipo formado por Jesús M.
González Pérez, da Universidade das Illas Baleares; Xosé Ignacio Vázquez,
da Universidade de Santiago de Compostela, e
Margarita Novo Malvárez, baixo a coordenación de Román Rodríguez González.
A
través de 167 páxinas, ilustradas con fotografías a toda cor, debuxos,
planos, cadros estadísticos e gráficas, o lector poderá profundizar no
coñecemento desta comarca en aspectos como a Xeografía: relevo, clima
solos, rede fluvial, paisaxe, demografía, mercado laboral ou economía,
por citar algúns capítulos; a Historia, cun percorrido desde a
prehistoria ata os tempos contemporáneos, e a Arte nos distintos
concellos, salientando aqueles monumentos e a arquitectura que pola súa
singularidade, merecen unha especial atención.
Cada
apartado complétase cunha non menos interesante bibliografía á que pode
acudir quen desexe afondar aínda máis nos temas tratados en “Baixo Miño:
Tui, A Guarda, Tomiño, Oia, O Rosal”, un libro que recomendamos para
quen queira saber máis da nosa comarca.
|
|

|
“Biodiversidad
na zona intermareal do Baixo Miño”
Da autoría de Agustín Ferreira, que se ocupa do texto, e Luís Dorado,
responsable das fotografías, é un novo traballo de divulgación que se
incorpora a serie de Monografías da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM),
que dán a coñece-la riqueza e os valores naturais e paisaxísticos da
comarca.
A través das súas 50 páxinas, con profusión de fotografías a toda
cor, podemos coñece-los diversos organismos que teñen o seu hábitat nas
distintas zonas costeiras (supralitoral, intermareal e infralitoral)
susceptibles de seren observados con facilidade: liques, algas, moluscos,
estrelas e aves que se poden atopar nos cáseque 35 km de costa do Baixo
Miño.
Camiñar pola costa é unha práctica saudable, pero a costa non só é
rocha e mar; é, tamén, todo un mundo maravilloso que a forza de telo tan
preto dos ollos, de convivir con el a cotío, xa nos pasa desapercibido.
Con esta publicación, de sinxela lectura, e sobre todo con ilustracións
moi claras, imos descubrir outras alternativas que nos ofrece un tramo tan
privilexiado como o é o litoral que se extende pola Guarda, O Rosal e
Santa María de Oia.
Este libro, que foi publicado cunha axuda económica da Consellería de
Pesca a través da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación,
complétase co titulado “A costa do Baixo Miño” e, ámbolos dous, son
recursos aconsellables para que os sendeiristas os teñan en conta nos
seus paseos, coa seguridade de que non lles defraudarán.
|
| Outros
títulos |
|
|
|
Paramos,
cronoloxía dun pobo de Mª Josefa Fernández, Rubén Martín Vázquez
Pérez e Arturo González Pérez. Tui.2002
|
|
|
Una
vida dedicada a Dios y a Tui.
Varios autores, homenaje a Ricardo García
Fernández ex párroco de Tui. Tui. 2002 |
|
|
El
Monasterio de las hermanas Clarisas de Tui. Un importante capítulo de la
historia de la ciudad.
Ernesto Iglesias Almeida. Tui. 2002 |
|
|
San
Pedro González Telmo.
Ernesto Iglesias Almeida. Cofradía de Sal
Telmo, Tui 2002 |
| |
Anécdotas
e vivencias de Tui e comarca II.
Lino Pazos. Asociación de amas de
Casa e Consumidores, Tui. 2002 |
| |
El
glorioso bálano de Randufe.
Fernando Álvarez |
| |
Dende o
Monte Aloia. Alberto Romer. Tui. 2002 |
| |
|
|