|

Un libro
publicado polo Instituto de Estudos Vigueses achéganos ao coñecemento da
microtoponimia costeira do Baixo Miño
Publicado polo Instituto de Estudios Vigueses, e da autoría de
Gerardo
Sacau Rodríguez, atópase na Librería Atlántica un título que se ocupa da
toponimia da costa do suroeste de Galicia: “Os nomes beiramiños. Desde Cabo
Silleiro ata o Porto da Guarda”.
Gerardo
Sacau, profesor de latín e grego no IES ‘Alexandre Bóveda’, de Vigo, recolle
neste libro unha “excelente e completa información toponímica acerca
do significado de lugares comprendidos entre o cavo Silleiro e o porto da
Guarda”, segundo conta no prólogo Avelino Muleiro García, quen engade que o
autor “relata a orixe dos nomes como un cronista sobrio e obxectivo, sendo
consciente de que pensar sobre as cousas que se esconden tras os nomes é
algo pudendo. Sen embargo,
indaga a historia de cada nome, porque sabe que ‘quen coñece os nomes,
coñece as cousas’, como di Platón no Cratilo”.
O
libro do profesor Sacau, que é tamén director do Instituto de Estudos
Vigueses, vai ilustrado con fotografías da zona costeira que se extende
desde o norte de Oia ao porto guardés.
Hoxe
en día, que os microtopónimos, por mor das novas tecnoloxías de orientación
(GPS, SIGPAC, Google Earth, etc), parecen ir perdendo actualidade e interese
para situarse, este libro servirá para, por unha banda, conservar eses
topónimos e saber onde se sitúan, pero tamén para revelarnos o significado
que se agocha en cada un deses nomes, a veces non tan evidente como o
presumimos.
Ao
profesor Sacau, nunha entrevista publicada no xornal Faro de Vigo, ao
preguntarlle cal é o nome máis antigo, suxire o de Mougás “pois”, explica,
“vén da época prerromana. Traballouse moito sobre el e ten un
desenvolvemento filolóxico moi merecido”.
Por
qué os nomes son os que son e para afondar no que é de noso, está este libro
“Os nomes beiramiños. Desde Cabo Silleiro ata o Porto da Guarda”.
Guerra Civil en el Baixo Miño. Páginas de la
Historia Vivida: 1936-1939
"Lo ocurrido en la Segunda República y en la Guerra
Civil ya es historia. Con la perspectiva de más de sesenta años, se relata
en este libro algo de lo visto y vivido. Fue propósito especial del autor
intentar las más absoluta veracidad en los años a fin de que fuera útil su
aportación. Parte de lo aquí descrito, ha sido conservado a lo largo del
tiempo en anotaciones breves, pero muy concisas. Ahora parece llegado el
momento de sacarlas a la luz. Se ha procurado hacer poco uso de otras
informaciones que no fueran el conocimiento directo de los hechos, en cuya
interpretación, sitúa el autor la objetividad por encima de apreciaciones
personales".

"O
Arquitecto Constantino Candeira", de Begoña Soneira Beloso
114 páxinas con fotografías en
b/n e debuxos.
Edicións do Castro, serie
Documentos
Edicións do Castro vén de publicar, no presente ano, a biografía
do guardés “O arquitecto Constantino Candeira”, da autoría de Begoña Soneira
Beloso, na que tamén se recolle a testemuña de Otero Pedrayo, que chegou a
calificar ao arquitecto como “incomparable xardineiro das pedras”, e do
tamén arquitecto Constantino Baluja Calvelo que fai memoria das moitas obras
realizadas por Candeira, maiormente en Santiago, entre as que destaca o
empedrado da Plaza da Quintana e actuacións, por exemplo, na Casa da Parra.
Referencias ao seu pai, o industrial guardés Constante Candeira;
a etapa académica, como alumno aplicado, con estadías en Francia,
Inglaterra e Alemaña, para mellorar o coñecemento das linguas que xa
coñecía, e as súas afeccións, como violinista, ocupan as primeiras páxinas
deste libro que pertence á serie Documentos.
Ao longo das páxinas descubrimos a etapa de Constantino Candeira
en Santiago de Compostela, primeiro, e máis tarde en Valladolid.
O
arquitecto guardés que estivo vencellado ao Seminario de Estudos Galegos,
coñeceu tamén o cárcere, denunciado polos seus enimigos de profesión, que
non políticos, acusándoo de falar en contra do Movemento Nacional para
apartalo do cargo que gañara, por oposición, como arquitecto da Deputación
de Valladolid.
Descubrimos tamén en “O arquitecto Constantino Candeira”, a amizade que
tivo con intelectuais, arquitectos e escritores, como Sánchez Cantón,
Castelao, Francisco Asorey, Filgueira Valverde, Rafael Dieste, Fernado
Chueca Goitia e Leopoldo Torres Balbás, por citar algúns deles.
Candeira foi Académico da Real
Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia de Bellas Artes
de la Purísima Concepción de Valladolid.
Os restos de Constantino Candeira, logo de dez anos en Castela,
descansan hoxe en Camposancos, cumpriu a familia, por expreso desexo do
finado, a súa vontade.

Gómez
Alfaro presentou “O clamor
da eclipse” en Ourense
O
poeta ourensán, afincado na Guarda, Xosé Carlos Gómez Alfaro, presentou
na cidade das Burgas, o seu último poemario, “O Clamor da eclipse”.
Con esta obra Gómez Alfaro acadou o Premio de Poesía Cidade de Ourense,
na XX convocatoria deste certame ao que se presentaron 23 obras que
optaban a un premio que ten unha cuantía económica de 6.000 euros.
O
clamor da eclipse
O
poemario está editado por Espiral Maior Poesía, editorial que antes
publicou tamén outros títulos do mesmo autor, como “Alba plena do alén”
(1997) e “Alén do lume” (2002).
Xosé
Carlos Gómez Alfaro, que é un consumado sonetista e un maestro da metáfora,
é tamén un domador da palabra e un xogador dos recursos literarios que
fan da súa poesía un fértil campo de versos clásicos ou, mellor, como
di Vicente Araguas no limiar de “O clamor da eclipse”, “este autor
sabe de rimas, ritmos e –sobre todo- de acentos”.
O libro divídese en dúas partes: Albor, con 25 poemas, e Solpor,
con 20, “titulares” que resumen nidiamente unha antítese vital que o
autor exterioriza a través da poética.

Edita:
Comisión Festas do Monte 2004
Páginas:
380
.
Libro-programa que avanza os diferentes
actos que se celebrarán, do 9 ao 15 de agosto, na Guarda.
Ademais
dun amplio índice de anunciantes
agrupados por sectores, ofrece distintas
colaboracións literarias, con
un amplio abano de temas, ata completar 49 traballos sobre natureza,
historia e arqueoloxía, etnografía, artigos de opinión, economía e
investigación, 80 fotografías en b/n e 3 a toda cor, ademais de 8
debuxos.
O Libro-programa das Festas do Monte’2004, como é tradicional,
reproduce na portada o cartel anunciador das Festas, obra da guardesa
Charo Trigo Vicente.
126
páxinas. 6 euros
Texto
que se completa con fotografía de diferentes anos, nas que se reproducen
as características "máscaras", carrozas e comparsas.
Títulos que xa adiantan o contido literario son "Fiestas de Carnaval
en el Castro", "Fiestas de Carnaval en A Guarda",
"Entierro del Pez Espada", moi poucas "Coplas"
oficiais, incorporándose, sen embargo, (e foi motivo de crítica) as da
formación política de EU (calificadas nalgún caso de insolentes,
insultantes, partidistas, malintencionadas e terxiversadoras da realidade,
escritas baixo a óptica ideolóxica, que non popular, da formación política
en cuestión e que, o dicir de lectores deste libro antolóxico, nada teñen
que ver coa festa do entroido).
Unhas corenta fotografías, en branco e negro, e os anunciantes que, coa
publicidade, permitiron a edición deste libro, completan unha antoloxía
que se suma á editada o pasado ano pola Comisión de Festas, e que sempre
se agradece polo que significa de documento para posteriores estudios da
historia local.
.
Texto que se completa con fotografía de diferentes anos, nas que se
reproducen as características "máscaras", carrozas e
comparsas.
Títulos que xa adiantan o contido literario son "Fiestas de Carnaval
en el Castro", "Fiestas de Carnaval en A Guarda",
"Entierro del Pez Espada", moi poucas "Coplas"
oficiais, incorporándose, sen embargo, (e foi motivo de crítica) as da
formación política de EU (calificadas nalgún caso de insolentes,
insultantes, partidistas, malintencionadas e terxiversadoras da realidade,
escritas baixo a óptica ideolóxica, que non popular, da formación política
en cuestión e que, o dicir de lectores deste libro antolóxico, nada teñen
que ver coa festa do entroido).
Unhas corenta fotografías, en branco e negro, e os anunciantes que, coa
publicidade, permitiron a edición deste libro, completan unha antoloxía
que se suma á editada o pasado ano pola Comisión de Festas, e que sempre
se agradece polo que significa de documento para posteriores estudios da
historia local.
|

“Ratas en Manhattam”en
Sotelo Blanco Edicións.
Relatos breves de Francisco
Álvarez “Koki”
“Ratas
en Manhattam”, é o último libro publicado polo guardés Francisco Álvarez “Koki”,
na colección Medusa/Narrativa, de Sotelo Blanco Edicións.
Trátase dunha colección de relatos breves, dezaoito en total, ambientados na
populosa cidade que dá título ao libro e na que os protagonistas son os
emigrantes, galegos e hispanos, sobre todo, que traslucen a miseria, a
necesidade, a soedade, pero tamén a adulación e a traizón, cando se quere
medrar a costa dos outros.
O
relato encamíñanos pola 5ª Avenida, pola rúa Nove descubríndonos a xeografía
humana de tipos que non conseguiron superar a deshumanización da metrópole e
esconden a debilidade entre trago e trago, como lle acontece ao romanés
Dragoljub Kacic.
Pero
tamén hai momentos en que aparece a retranca do galego, como pode acontecer
co relato xocoso do San Carallán; e mesmo atopamos experenzas cheas de
tenrura e sensibilidade, segundo se desprende do “Canizo” ou da morte de
Zefirelli. O libro redescúbrenos como os americanos son capaces de
encumbrarse no máis alto desde a falsedade “Cemiterio dos heroes”, que nos
recorda a un Bush inventando historias para invadir o Irak, por exemplo, ou
en “O Coello”, a desventura que Celso Emilio Ferreiro debuxara en “Viaxe ao
país dos ananos”.
Koki
escenifica neste primeiro libro de relatos, non esquezamos que a súa
producción era, ata agora, poética, personaxes do común, homes e mulleres
que retratan unha sociedade onde a dúbida xa condena por institnto, véxase
senón o relato da Coreana; e na que, por medrar, vale todo, como se descubre
noutros relatos do mesmo libro.
“Ratas
en Manhattan” comeza cun relato, o que dá título ao libro, duro e cruel, e
que nos leva a reflexionar como a miseria de moitos esterca a opulencia duns
poucos.

"Atardeceres
de Otoño", de Aída L. Márquez
81 páginas con ilustraciones
Edición de la autora. Año 2005
“Atardeceres de Otoño” es el segundo poemario de Aída L. Márquez,
editado por la propia autora que tiene también en su bibliografía particular
un primer libro “Después del letargo” (2003).
En este segundo poemario, con portada e ilustraciones de J.
Crespo, como el anterior, confiesa ya Aída L. Márquez que trata de “reflejar
mis sentimientos, vivencias y emociones más profundas”, desde una visión muy
personal de la poesía sin atender a figuras literarias ni “de métrica ni de
rima”, que confiesa no entender, de modo que lo que crea, o mejor, recrea la
poetisa, son sentimientos manifestados con espontaneidad ajenos a
formalismos literarios.
En la poesía politemática de Aída L. Márquez se manifiestan, a
la vez, una queja y una llamada por un supuesto amor ausente (“Collar de
Conchas”, “Desilusión”, “En silencio”); el recuerdo familiar (“Eecordándote”,
“Las Gaviotas”), el amor fortalecido con los años (“Bajo el sauce”), la
niñez perdida (“Mi barrio”), el paso del tiempo (“Mi viejo álbum”) y hasta
la fugacidad de la vida (“Fin de una etapa”) por citar sólo algunos de los
temas que justifican la poética de Lomba Márquez.
En las cincuenta composiciones de “Atardeceres de Otoño”, título
en el que ya se intuye el tema general de la obra, la autora nos va
descubriendo y describiendo su particular modo de ver y sentir la vida que
trasciende la intimidad para ser,
también, dominio restringido
al
lector.
Edita:
Concello da Guarda
Páginas:
91
Publicado pola
Concellería de Cultura do Concello da Guarda, este novo título súmase
ós que xa se levan editados por este Departamento: “La Guardia ante la
invasión francesa”, foi escrito polo coengo Xoán Domínguez Fontela,
en 1918.
Domínguez Fontela
(1869-1942), narra, neste libro, as loitas que mantiveron os guardeses e
portugueses das veciñas localidades de Caminha e Vilanova de Cerveira,
contra as tropas francesas do xeneral Soult durante a Guerra da
Independencia. Recóllense, asemade, algunhas das vexacións que os
soldados franceses cometeron contra
veciños e autoridades, non só da Guarda, senón tamén doutras
localidades, como Tui.
O autor de “Páginas de la
Historia de La Guarda ante la Invasión Francesa”, refire a importante
colaboración dos xenerais portugueses Freire e Botello e o coronel Serpa
na liberación da Guarda e a recuperación do castelo de Santa Cruz,
tomado polos franceses.
Outros capítulos teñen que
ver coa liberación de Baiona, Vigo, Tui, nos que participaron os pobos
desta parte da comarca e das fronteirizas localidades doutro lado do río.
.
PARROQUIA
DE
SAN LORENZO DE
SALCIDOS: APROXIMACIÓN HISTÓRICA. PADROADO
DOS CONDES DE PRIEGUE
.
Da
autoría de Xoán Martínez Tamuxe, as198
páxinas, profusamente ilustradas, recollen diferentes aspectos sobre este
pobo da Guarda, que van desde a xeografía local, pasando polas diferentes
etapas históricas das que hai constancia polas diferentes fontes
consultadas abarcando o amplio periodo que se extende desde a Prehistoria
ata as etapas máis recentes. Edificacións principais, monumentos
relixiosos e civís, a sociedade, fundacións, ensino, festas, etnografía,
deporte, a emigración, personaxes destacados, son referencias que se
recollen nesta publicación editada polo concello e cofinanciada polo
Programa Operativo “Proder Baixo Miño-Monte Aloia”.
.
Poesías,
de Juan Bautista Alonso Español
256 páxinas, publicado pola Concellalía de Cultura do Concello da
Guarda.
É unha reedición da obra poética deste ilustre personaxe guardés,
publicada en Madrid en 1834. A reedición leva unha presentación do
Concelleiro de Cultura da Guarda, un Limiar do profesor e poeta Xosé
Carlos Gómez Alfaro e varias fotografías e debuxos do autor e da casa
natal.
O autor dividiu o libro en catro apartados: Odas, Romances, Sonetos, e
Letrillas, Anacreónticas, canciones.
“A
GUARDA HISTORIA E IMAXES” UNHA PUBLICACIÓN QUE NON PODE FALTAR NAS
CASAS DA GUARDA
Libro
documentadísimo aporta un coñecemento da historia local que, sen dúbida,
reclamará a atención de cantos decidan lelo
Editado
pola Comisión de Festas do Monte. “A Guarda Historia e Imaxes”,
un documentado traballo que non debe faltar en ninguna biblioteca, sobre
todo na de aqueles que gustan da Memoria e afondar no coñecemento das
nosas raíces, dos homes e mulleres que fixeron –e fan- a historia
local; de deleitarse coa obra dos que nos precederon ou investigar e
recuperar as testemuñas que, moitas veces, pola nosa idade, non tivémo-la
oportunidade de coñecer de forma directa.
“A
Guarda Historia e Imaxes”, 310 páxinas, con profusión de fotografías
da época, é posible gracias a consulta, ou a escrita, de corenta e nove
fontes bibliográficas, informativas ou de colaboradores aínda vivos, que
recuperaron para esta historia recente da Guarda feitos que coñeceron ou
vivieron directamente.
Biografías,
historia das rúas, do Hospital Casa-Asilo, a Ermida de Santa Tecla, o
Castelo de Santa Cruz, o Porto do Pasaxe, os Asteleiros, a Festa da Árbore,
o colexio dos Xesuítas e tantos e tantos temas dan corpo a este libro..
A
COSTA DO BAIXO MIÑO
Profusión
de fotografías a cor. 50 páxinas. 500 pesetas. Moi interesante para coñecer
o litoral da Guarda.
Esta
guía, publicada por ANABAM (Asociación Naturalista Baixo Miño), con
textos de Agustín Ferreira e fotografía de Luis Dorado, pode adquirirse
nas librerías ou directamente a ANABAM (www.anabam.org).
50
páxinas de texto e fotografías (62 instantáneas), gráficos e debuxos
para optimiza-la visita á zona litoral e saír coa satisfacción dun
intresante percorrido enriquecido co coñecemento do que imos atopar nela:
xeoloxía, construccións máis singulares, fauna e flora, e varamentos
son algunas xustificacións para levar esta guía na nosa excursión.
|

“Proxecto Píllara:
protexendo os niños de píllara papuda”
Publicación de ANABAM que corresponde ao número 19 da
serie de monografías coas que a asociación ecoloxista divulga a natureza da
comarca do Baixo Miño, e que neste caso se dedica a unha das especies en
maior perigo de desaparecer do Esteiro do Miño e ás medidas que se levan a
cabo desde este colectivo para a súa conservación.
“Proxecto
Píllara: protexendo os niños de píllara papuda” consta de 58 páxinas,
ademais das portadas e contraportadas, con fotografías a cor da autoría de
Luis Dorado Senra, Agustín Ferreira, Antón Ferreira e Ricardo Portela. O
equipo de campo que traballou no proxecto estivo formado por oito persoas e
contou coa participación de nove colaboradores,
ademais de diferentes persoas que dalgún xeito, como se reflicte no apartado
dos agradecementos, participaron no proxecto con algún tipo de actuación.
A monografía
en cuestión, é unha memoria das medidas levadas a cabo por ANABAM para
posibilitar que os ovos de píllara eclosionasen, os polos se desenvolvesen
e, finalmente, chegasen a voar. Nas primeiras páxinas xustifícase a edición
do libro e danse as razóns que motivaron escribilo, entre outras facilitar
información a outros grupos que traballan no entorno natural de como actuar
para garantir a supervivencia da especie nun areal concreto.
Unha
descrición das píllaras, a situación da especie no Baixo Miño coa súa
localización tanto nas praias da desembocadura galega como portuguesa,
referencias sobre o aniñamento, ameazas nas distintas fases de reproducción
e as medidas para a protección dos ovos e dos polos xunto cos resultados
logrados, explícanse nesta monografía..

“Confíteor” é o poemario máis recente publicado por unha das
plumas máis sobranceiras da literatura galega actual: Xosé Carlos Gómez
Alfaro.
Editado na Colección Hipocampo Amigo, con prólogo de Ramón
Nicolás, o poemario foi presentado na Guarda polo profesor Xesús Alonso
Montero en setembro de 2005.
70 páxinas para recoller 45 composicións, nas que abundan os
sonetos, estrofa na que o autor é un mestre.
Poesía intimista, na que o autor manifesta a súa queixa a un
Deus as veces incompresible e distante, ruín, case; outras mostra o seu
arrepentimento pola dúbida ou pola increpación feita á divinidade; a doenza
pola perda nunca reparada (“Aquí só vos está a fala-la home... / aquel que
tanto sangra e tanto roxe; / o que perdeu a lúdica alba plena / e morre de
abandono e de indixencia”); Gómez Alfaro manifesta núa a súa alma neste
poemario que, como xa expresa o título, é unha confesión dun home debilitado
pola dor intensa e infinita dunha tarde inolvidable.
As veces atísbase unha certa presenza machadiana “Velaquí, meu
Señor, o que gañei / durante tantos lustros de lembranza...”; noutras parece
estar presente a poesía do século XVI: “se Creo en ti / non é só porque
sinta caudaloso / o teu facho de amor e de acubillo / nos acios do meu lar e
nos seus portos...”.
“LA
CITANIA DE SANTA TECLA” DE CAYETANO DE MERGELINA
.
O Padroado Municipal Monte Santa
Trega, reeditou “La Citania de Santa Tecla”, da autoría de Cayetano
de Mergelina, arqueólogo que dirixiu as excavacións realizadas no castro
de Santa Trega entre 1928 e 1933.
Aínda que algunhas das teorías e
conclusións que se recollen na mencionada Memoria están hoxe superadas,
a xustificación do porqué desta publicación xa se apunta na
“Presentación” do libro cunha finalidade de que “tódolos
interesados na arqueoloxía en xeral ou na historia da Guarda en
particular, poidan acceder a ditos documentos”.
“La Citania de Santa Tecla” está
profusamente ilustrado con debuxos e fotografías tanto da arquitectura do
poboado como das pezas que se foron atopando durante a escavación arqueolóxica,
completando 63 páxinas de texto escrito, nas que se inclúen 23 conxuntos
de debuxos, e 53 láminas fotográficas.
ESTUDIOS
ARQUEOLÓGICOS de Eugénio Jalhay
Editado
polo Padroado Municipal Monte Santa Trega, este libro recopila os
traballos de investigación relacionados polo xesuíta P. Eugenio Jalhay
entre 1929 e 1933 e publicados, no seu momento, en diferentes revistas
coma a “Asociación Española para el Progreso de las Ciencias”,
“Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos
de Orense”, “Brotéria”, “Revista de Arqueología” e unha
publicación co título “Homenagem a Martins Sarmiento”.
Os títulos
que agora se ofrecen nun só volumen ó alcance dos estudiosos, non só da
arqueoloxía, senón interesados nos valores do monte Santa Trega son: “Algunas
notas sobre el asturiense de Galicia”, “Un nuevo conchero
prehistórico descubierto en Galicia”, “Nuevos descubrimientos
prehistóricos en el suroeste de Galicia y norte de Portugal”, “¿Serán
preasturienses las estaciones prehistóricas del litoral galaico-miñoto?”,
“Algunos raspadores de la industria galaico-miñota de tipo
asturiense”, “Una nueva hipótesis sobre la utilización de la
industria lítica de tipo asturiense”, e “El culto al hacha en
el castro de Santa Tecla (La Guardia-Pontevedra)”.
“Estudios
Arqueológicos de Eugenio Jalhay”, consta de 103 páxinas con fotografías
da época e debuxos de diversos artefactos líticos, reproduccións dos
traballos orixinais.
ALÉN
DO LUME
O poeta Gómez Alfaro presentou, o 12 de xuño, este novo poemario, o
quinto dos escritos en galego, nun acto celebrado no Centro Cultural e no
que participaron, como oradores, o Concelleiro de Cultura, Rodríguez Fariñas,
un representante da Editorial Espiral Maior, Xosé Manuel Díaz, e o Académico
e Profesor Xesús Alonso Montero, ademais do autor.
"Alén do lume" consta de 50 sonetos, estrofa da que Gómez
Alfaro se ten demostrado como un auténtico mestre, na que predomina a metáfora,
recurso no que tamén é mestre o poeta nado nas Chabolas (Ribadavia). De
corte intimista, recurre o autor a procura dese fillo morto ós oito anos
nun tráxico accidente, que marcou a lírica deste ourensán afincado na
Guarda onde imparte clases no colexio dos PP. Somascos.
É, o poemario, un canto elexíaco ("no creas que porque canto
tengo el corazón alegre", di a canción popular) no que amosa a
dor compartida con Rosa Berta Alfaro, a nai do fillo morto, desafogando en
palabras (fermosos versos de fondo contido) a eterna tristura que desde
aquel tráxico feito segou o futuro do autor e a súa dona.
Das valoracións escoitadas no acto de presentación do poemario, podemos
destacar a que lle dedicou Xosé Manuel Díaz a Gómez Alfaro: "Traballador
da palabra", e a que suliñou o profesor Alonso Montero repetidamente
"Poeta Nacional do Ribeiro".
"Homenaje
al Poeta Feliciano Rolán"
A Concellalía
de Cultura do Concello da Guarda, coa colaboración da Deputación de
Pontevedra e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo,
editou esta edición non venal de “Homenaje al Poeta Feliciano Rolán”,
co gallo de celebrar nesta localidade o “VII Festival de Poesía Baixo
Miño”, o pasado 8 de xullo.
A publicación
de referencia recolle ó longo das súas 62 páxinasos sentimentos, as
emocións, as dedicatorias que os amigos e intelectuais da época
dedicaron ó poeta Feliciano Rolán na súa morte. Neste libro están as
firmas de Álvaro Cunqueiro, Castillo-Elejabeytia, Nieto Pena, Juan José
Domenchina, Enrique Azcoaga, Benjamín Jarnés, Juan Ramón Jiménez,
Alfredo Marquerie e Federico García Lorca. As últimas páxinas recollen
as portadas dos libros máis recientes publicados sobre, ou coa obra, de
Feliciano Rolán.
“A
GUARDA. SANTA TREGA” LIBRO PUBLICADO POLA EDITORIAL “EVEREST” COA
COLABORACIÓN DO CONCELLO DA GUARDA
Destaca
nel a profusión de fotografías nas que se recollen os aspectos máis
característicos desta localidade
Publicado pola Editorial Everest, coa colaboración do concello da Guarda,
está xa nas librerías da localidade o libro titulado “A Guarda. Santa
Trega”.
48
páxinas nas que predominan as de fotografías a cor (61 imaxes) fronte ó
texto. Faise un percorrido polos lugares de interese deste municipio, como
o Monte de Santa Trega coas excepcionais vistas, o poboado galaico-romano
e a ermida; o porto coas actividades pesqueiras, os mariñeiros faenando,
o Monumento ó Mariñeiro ou unha posta de sol; o Esteiro do Miño, as
praias, pero tamén as rúas que teñen algo que ofrecer: a de Puerto
Rico, coas casas indianas; a Praza do Reló con seus edificios de fachadas
en pedra; as igrexas e capelas que, xunto co valor arquitectónico
dalgunhas, son orixe de celebracións festeiras; actividade económica: invernadeiros, asteleiros, e as festas e romarías.
|

Un novo título
da serie de Monografías publicadas por ANABAM afonda nas especies máis
ameazadas do Baixo Miño
A
Asociación Naturalista Baixo Miño, ANABAM, vén de publicar un novo número da
serie de Monografías que co título “As cinco especies máis ameazadas do
Baixo Miño” profundiza na situación na que se atopan a Otanthus marítima e a
Honckenya peploides, ambalas dúas plantas dunares; a Woodwardia radicans, un
fento; Eurynebria complanata, un coleóptero, e o Charadrius alexandrinus,
unha ave das dunas.
De
cada unha das especies mencionada, dáse a localización, as ameazas que lle
afectan, a situación na que se atopa atendendo a esas ameazas, e o status (categorizándose
en vulnerable, cando os exemplares existentes se manteñen estables;
ameazada, aquela que é escasa e para a que se adoptaron medidas de
protección, ou en serio perigo, cando a especie de que se trata, neste caso
é o fento, está nun estado crítico).
A
monografía, con fotografías a cor, ofrece as características de cada unha
das especies e a súa distribución. Recolle tamén de cada unha un pequeno
historial, as medidas que se adoptaron desde a asociación ecoloxista para a
súa protección e os estudos elaborados.
Dunha
forma máis breve, amplíanse as especies ameazadas mencionando outras que
ramén demandan un control para que non desaparezan, como a Paradisea
lusitanica, a Riparia riparia (andoriña das barreiras), ou o Triturus
helvéticus (lagartixa de auga espalmeada), por citar só tres das quince
especies recollidas no segundo apartado da Monografía, cuxa publicación
contou cunha subvención da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible .
A
contraportada desta Monografia recorda a tres personaxes que, no seu día,
foron declarados Socios de Honra de ANABAM: José María Quintana, xa finado,
foi Xefe do Servizo Provincial de Medio Ambiente; Basilio Coímbra, foi
Axente de Medio Ambiente, e Juan Isidro Leyva, foi Comandante do Cabo
Fradera. Os tres destacáronse pola súa contribución a prol dos valores
naturais e defensa do Esteiro do Miño.
A
comisión de Festas de San Caetano edita un libro-programa con artigos
sobre este barrio guardés
Co
gallo das festas en honor a San Caetano, a comisión organizadora destes
festexos editou un libro de 160 páxinas no que, ademais de recollerse o
programa de festexos, se incorporan distintos traballos literarios, históricos
ou etnográficos, de diferentes autores, relacionados con este barrio
guardés. Tamén se enganden unha serie de fotografías de personaxes
populares que desempeñaron unha determinada función social, cultural,
política ou doutra índole, e un listado de anunciantes que
publicitándose, fixeron posible a edición deste Libro-programa.
Entre
os traballos que se publican están aqueles que escribiu o historiador
guardés Juan Domínguez Fontela referidos ao barrio da Cruzada: “La
Cruzada”, “Os Teares o Los Teares en La Cruzada”, “La fuente de La
Cal ¿Por qué se llama fuente de la Cal a la de La Cruzada?”,
“Toponimia de La Guardia La Malata”.
Ricardo
Rodríguez Vicente é o autor de “Relembrando a Manuel Lomba Gómez Tilán.
Casos e Cousas de un mariñeiro popular” e “O tío Lancha”; Generoso
Álvarez Seoane fae memoria en “”A Cruzada, San Queitano d’Agrelo
y sus fiestas. Recuerdos de Antaño (1930-1950)”; Xoán Martínez Tamuxe
historia ao santo e a ermida en “San Caetano: a súa vida e reseña da
ermida. Apuntes históricos”; Daniel
Baz tamén recorda a outro personaxe popular en “O tío Sicasio”, e
hai un artigo de “Homenaje a los fundadodes del Club de Fútbol San
Cayetano”, sen asinar, figurando como anónimo.
Outros
títulos responden a poemas dedicados ao santo e ao barrio: “Al patrón
de mi pueblo”, de A.L. Márquez; “Ó pé da falda do Trega”, de
Xorogo; “Namoro”, de Diego Núñez González; “Cantiga popular da
Cruzada”, de N.L.M.; “A berberechiña” e “Cousas de San Queitano”,
de Antonio Alberto; “Meu querido barrio A Cruzada”, de Juan
Carlos R.F. e “San Cayetano-A mi pueblo”, de Mary Cividanes.
O
libro pode adquirirse por seis euros á comisión organizadora, destiándose
estes cartos a facer fronte á organización das festas de San Caetano.
"Una
reliquia de Santa Tecla en A Guarda: Homenaje a Agustín Nandín"
.
Escrito por Xoaquín Miguel
Villa Álvarez e publicado polo Concello da Guarda. 96
páxinas.
ÍNDICE
Introducción.
I. Orígenes del culto a Santa Tecla. I1. Santa Tecla de Iconio I2. El
culto a Santa Tecla en España: Tarragona. I3. El culto a Santa Tecla en
Galicia: A Guarda II. Acercamiento biográfico a la figura de Agustín
Nandín Lomba. II.1. Un guardés de buena familia. II.2. Semblanza biográfica.
III. Primeras inquitudes de Agustín Nandín con relación al culto guardés
a Santa Tecla.
III.2.
Primer Priorato en la Hermandad del Clamor (1941-1942). IV. Segundo
priorato en la Hermandad del Clamor (1949-1956): Las aportaciones de Agustín
Nandín a su pueblo natal. IV.1. Traer una reliquia de Santa Tecla desde
Tarragona, su apuesta personal. IV.2. La llegada de la reliquia a A Guarda
y su incorporación a la ermita. IV.2. El gran proyecto frustrado de Agustín
Nandín: la construcción de una basílica. IV.4. Otras gestiones de Agustín
Nandín durante su segundo priorato.
Anexos (documentos).
EL
YACIMIENTO ARQUEOLÓGICO DEL MONTE SANTA TECLA (LA
GUARDIA PONTEVEDRA)
Escrito polo arqueólogo Ramón Patiño Gómez, e publicado polo
"Grupo Arqueológico Alfredo García Alén", esta separata
sintetiza nas súas 24 páxinas, con debuxos que complementan ó texto, a
historia do poboado castrexo máis coñecido de Galicia, desde o seu
descubrimento en 1913 ata as distintas campañas de excavación levadas a
cabo entre 1914, baixo a dirección de Ignacio Calvo Sánchez, e 1986,
dirixidas por Antonio de la Peña Santos.
As características do poboado cos tipos de vivendas e elementos arquitectónicos
a elas vinculados, a descripción da muralla e dos sistemas de viais e
drenaxes e outros aspectos como a economía, a sociedade e a cultura
galaico-romana, completan este novo traballo sobre o Trega que vén
enriquecer a amplia bibliografía que xa existe.
FESTAS
DO MONTE SANTA TECLA 1913-2000
.
Antoloxía,
203 páxinas. Acontecimentos vividos nas festas do Monte de Santa Trega,
desde as súas orixes, en 1913, ata o ano 2000: comisións que as
presidiron; colectivos culturais, deportivos e musicais que colaboraron na
súa organización; as portadas dos libros-programa editados, fotografías
e outros datos que xa forman parte desta festa creada no ano 1913 cunha
“xuntanza campestre” dos socios da Sociedade Pro-Monte Santa Trega.
Se
se adquire xunto co libro-programa de festexos do ano 2001
, con 350 páxinas, os dous exemplares, xuntos, custan 1.500 pesetas. (Neste
caso os gastos de envío para pedidos a galicia-suroeste sería de 350
pesetas).
O
Libro-programa recolle artigos de diversa índole (históricos,
literarios, biografías, actividades que se promoven desde distintos
colectivos, etnográficos, biografías...) xunto coa programación dos
actos que se desenvolveron ó longo da segunda semana de agosto, e unha
completísima sección de anunciantes.
.
SANTA
TREGA
un
poblado castrexo-romano
" ABANO editores", coa colaboración do Padroado Municipal Monte
Santa Trega, vén de tirar do prelo a publicación máis recente, e sen dúbida
mellor documentada, sobre o castro máis coñecido de Galicia: o de Santa
Trega.
Da autoría de Antonio de la Peña Santos, arqueólogo que dirixiu as últimas
excavacións realizadas neste xacemento, o libro, escrito es castelán,
con profusión de fotografías a cor, e un importante número de debuxos,
ofrécenos, ó longo das súas 137 páxinas, unha amplia visión da
cultura material, a arquitectura, o desenvolvemento da vida no poboado
(actividades económicas: agricultura, pesca, marisqueo, comercio), o
vestido e o ocaso do poboado.
Esta publicación constitúe, hoxe, o mellor documento escrito sobre este
castro xa que xunto coa linguaxe empregada, capaz de chegar a tódolos
lectores, é tamén o estudio máis riguroso feito ata agora.
|