En lembranza de Xosé Carlos Gómez Alfaro
(As
Chabolas, 1949-A Guarda, 2008)
A Libraría Atlántica, na rúa
Concepción Arenal da Guarda, recorda ao por Xosé Carlos Gómez Alfaro, poeta das Chabolas (Ribadavia),
pero moi vinculado á vila da Guarda, onde exerceu o maxisterio durante 30
anos.
SE ME ARRANCAS MAÑÁ DA GUARDA AMADA

Se me arrancas mañá da Guarda amada,
párteme en dúas bágoas ó primeiro
e que unha delas quede neste abeiro
mentres a outra chora desolada.
Se me arrancas mañá da Guarda alada,
leva esa bágoa á paz do meu Ribeiro
que hai tempo que me agarda ben tristeiro
aquel temón tolleito na outonada.
Se me arrancas mañá desta anil terra,
entérrame co mar que me arrolaba
o berce daquel sol leve e longueiro.
Se me arrancas mañá ou me desterra
o Tegra que inmolado me bicaba,
pousa a miña saudade no Ribeiro.
Xosé Carlos Gómez
Alfaro
(Do seu poemario OFERTORIO DE SOLPORES)