Herikberto M.Q., así aparece escrito o nome
do autor (Herikberto Muela Quesada), necesitou 20 anos para escribir “O home
do traxe branco”, unha triloxía que, en galego e castelán, vén de publicar a
editorial Anaya e que xa está nas librerías. Sería, quizais un libro máis
nas coleccións infantís e xuvenís, se non fose porque o seu autor, ourensán,
nado en 1958, e residente en Madrid, onde traballa como deseñador ligado ao
mundo do cine e dos spots publicitarios, ten fonda relación coa Guarda,
localidade na que desde moi cativo pasa os seus veráns e onde descubriu
outros mundos fantásticos ou, quizais, non tan fantásticos, porque, explica
o autor no relato “hai unha parte ficticia, pero tamén unha parte real.
Aínda que, supoño, ninguén xamais crerá ningunha das dúas”.
A acción de “O home do traxe branco” sitúase na Guarda de modo
que nas algo máis de duascentas páxinas do libro descubriremos, a caron
dunha historia singular, lugares e nomes deste recuncho de Galicia que nos
serán coñecidos, que é como dicir, que nos enredarán no mesmo relato que nos
conta Herikberto, quen comeza o libro presentándose, como un personaxe máis
desta historia na que.. mellor é lela.
(Ler
o primeiro capítulo)